Ourense conta lugares icónicos que deben formar parte do itinerario de calquera viaxeiro. As pozas de Melón están incluídas dentro deste «privilexiado grupo, por méritos propios. Trátase dun espazo natural único no que vexetación, roca e auga comparten protagonismo.
As pozas de Melón son o resultado da acción erosiva das augas do río Cerves. Nacido a máis de mil metros de altitude na serra de Suido, o Cerves descende bruscamente en poucos quilómetros para fundirse co Miño. Neste frénetico descenso dá forma a impresionantes fervenzas e «pozas» ou «mergulleiras», pequenas piscinas naturais de augas cristalinas, que son utilizadas polos bañistas para refrescarse nos meses máis calorosos.
As pozas de Melón son espectaculares piscinas naturais de auga cristalina.
Todo o curso do ríou é de gran beleza, especialmente a súa parte alta, onde as fervenzas son espectaculares e as pozas tranquilas e pouco profundas.
Máis concorrida é a parte próxima á estrada, con fervenzas que non superan os dous metros de altura e pozas máis amplas e profundas.
Percorrer o carreiro que discorre paralelo ao río é a mellor forma de pescudar que se esconde neste agreste espazo natural.
Como llegar
As Pozas de Melón están situadas a poucos quilómetros de Melón, moi preto do límite coa provincia de Pontevedra.
Desde Ourense tomamos a A52 en dirección a Pontevedra para abandonala pola saída 262 Melón – Quins.
Ao saír da autoestrada chegamos ao cruzamento coa N-120 incorporámonos en dirección a Pontevedra e a poucos metros, a man dereita, veremos unha indicación que sinala Parking Pozas de Melon.
Sendeirismo
E si queres practicar o sendeirismo seguro que algunha destas Rutas de Senderismo Melón encantarache.
Mosterio de Santa María de Melón
A pouco menos de dous quilómetros das pozas de Melón atópase o mosterio de Santa María de Melón, unha das xoias menos coñecidas do románico monástico galego.