A Catedral de Ourense, unha visita obrigada

Twitter do autor
Redacción

Para falar da Catedral de Ourense debemos remontarnos ao século VI cando, impulsada pola figura de San Martín Dumiense, que colocaría como bispo da sede ourensá a Witimiro, ou Witimer, fórmase a diocese de Ourense. Non podendo precisarse as características do primeiro templo martiniano, supoñémolo sinxelo e situado no lugar que agora ocupa o templo de Santa María Nai, copatrona da cidade.

Os principais impulsores das obras da Catedral de Ourense foron: Don Diego de Velasco, (1110-1132), Don Pedro Seguín, (1157-1169), Don Alfonso I (1174-1213) e Don Lorenzo (1218-1248).

Declarada monumento nacional o 3 de xuño de 1931 e con honras de Basí­lica menor desde finais do século XIX, a Catedral de Ourense é unha das principais sinais de identidade da cidade.

Presenta planta de cruz latina, con tres naves separadas por piares cruciformes, arcos formeiros dobrados e apuntados, rematando coa primitiva cabeceira de tripla ábsida (dos que hoxe queda soamente o central, mutilado). A naves están cubertas por unha bóveda de crucerí­a con baquetóns cruzados na nave central e de arestas nas laterais.

Ao templo accédese por por tres entradas, dúas delas situadas nas fachadas norte e sur do cruceiro, e a entrada principal que brinda acceso ao nártex do Pórtico do Paraiso. A estrutura das dúas fachadas dos brazos do cruceiro debeu ser semellante, pero o ataque do conde de Benavente ao conde de Lemos que fixera forte no seu interior (1471), provocou graves danos nesta zona, polo que en 1474 procedeuse á recompoñer a portada románica orixinal que actualmente presenta un conxunto heteroxéneo, mestura de románico e gótico. Esta fachada está presidida por un rosetón de tracerí­a gótica baixo o que se atopa a portada que, dividida en dous corpos, mostra na parte superior un arco de medio punto.

O tí­mpano está ocupado pola figura da Virxe sentada baixo a cruz sostendo a Xesús no colo. Aos lados Marí­a Magdalena, San Xoán, Santiago, San Pedro e San Martí­n dacabalo. A porta ten catro arquivoltas. A exterior está sostida por estatuas columnas, as dúas centrais por columnas acobadadas con fustes helicoidales.

A fachada sur do cruceiro esta flanqueada por dúas torres, aínda que só una delas, a do reloxo, sobresae do corpo da catedral.Esta fachada esta formada por dous corpos superiores, o máis alto móstranos un pequeno rosetón e un beirado con arquillos peraltados; o inferior un arco de medio punto cun tí­mpano liso. A porta destaca pola rica decoración das tres arquivoltas e os seus respectivos capiteis. A cornixa desta fachada presenta unha fileira de almenas o que denota a función defensiva da construción, adoptada por outros moitos edificios relixiosos coetáneos.

O cimborrio, gótico renacentista, foi engadido no século XV por Rodrigo de Badaxoz.

Foi declarada monumento nacional o 3 de xuño de 1931 e ten honras de Basí­licadesde el año 1887.

Capilla Mayor

Catedral de Ourense

O retablo maior foi obra de Cornielis de Holanda(1520) e mostra escenas da vida de María e Xesús. Poden chamar a atención as figuras brancas que parecen de alabastro pero que son produto dunha restauración do XIX en que se decidiu pintalas desa cor. A ambolos dous lados, uns colaterais barrocos (Castro Canseco, 1716) que representan o martirio dos Santos Facundo e Primitivo, e a Santa Eufemia.

Na parte inferior, o cadeirado baixo do coro renacentista trasladado desde a nave central. Dúas pinturas do salmantino Pitti (s. XVIII) e dous sepulcros: o do cardeal Quevedo (s.XIX) e o sepulcro do Bispo Descoñecido (gótico, s. XIV). O cimborrio (Rodrigo de Badaxoz, 1505) e as reixas (Celma, fins s. XVI) completan o conxunto.

Capilla del Santo Cristo

Capilla del Santo Cristo

Un Cristo gótico de gran realismo (pelo natural, que talvez deu lugar á lenda de que lle crece o pelo) ao que a gran devoción popular decidiu construírlle unha capela no século XVI cun segundo corpo un século despois. E será no período barroco cando se decore. Primeiro co baldaquino de Domingo de Andrade, e logo, cos retablos e tallas de Castro Canseco. Complétase o conxunto con parte do cadeirado coral renacentista trasladado desde o centro da nave maior. Os seus autores son Diego Solís e Juan de Anges.

Na parte traseira do camarín, a venerada imaxe da Dolorosa atribuíble aos irmáns Sierra, discípulos de Gregorio Fernández da escola de Valladolid.

Pórtico del Paraíso

Catedral de Ourense

Construído pouco tempo despois do exemplo compostelán, que lle serve de modelo, no século XVI sufriu graves mutilacións e transformacións: as bóvedas do nártex foron substituídas por outras estreladas; o arco central, así como os laterais de medio punto, perderon os tímpanos que foron substituídos por un decorado marco pétreo entre tracerías góticas e no que se acha a figura de San Martín dacabalo.

Da obra orixinal consérvase a arquivolta do gran arco central que contén, en disposición radial, as figuras dos vinte e catro anciáns da Apocalipse, así como o alicerce cun capitel esculpido no parteluz. Nos arcos menores, as arquivoltas representan figuras alusivas ao Xuízo Final no lado da Epístola e decoración vexetal no lado do Evanxeo.

Os arcos descansan sobre columnas ás que están encostadas estatuas que representan a apóstolos profetas, e respectan unha orde similar ao de Santiago. Son figuras rígidamente corpóreas; as roupaxes caen en ritmos paralelos en tanto os rostros asumen, carentes de toda expresividade, o seu papel representativo.

En época bastante posterior (1857) encostouse ao parteluz do pórtico, sobre un elevado zócalo, unha escultura pétrea románica que representa ao Apóstolo Santiago coa acostumada cartela na man esquerda e unha espada metálica na dereita. Nos costados do nártex existen dous altares cos seus retablos. O do costado sur exhibe un do século XVIII no que se venera unha imaxe pétrea do XVI, policromada e sedente, da Virxe co Neno, coñecida como A nosa Señora do Paraíso, obra do século XVI. No retablo e o altar, tamén barroco, no costado esquerdo, atopámonos cunha imaxe de San Francisco Branco de Tameron.

Museo Catedralicio

O museo catedralicio está situado na Claustra Nova, antigo claustro gótico nunca completado (fins s. XIII-inicios s. XIV).
Entre os tesouros que conserva cabe destacar a arqueta relicario de San Martín (arte limosino, 1200), a cruz procesional (atribuída a Enrique de Arfe. 1515), a cruz de azabache (dun taller leonés. 1497), o misal Auriense (Monterrey. 1494), o tesouro de San Rosendo (s. X-XIII) e a custodia procesional (Montanos. 160

© Bretema Digital Studio